OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA EN TERRA DE MONTES

Ola!

Outra das actividades en que a Terra de Montes está demostrando ser un lugar especialmente axeitado é a observación astronómica. Apenas 10 minutos en coche separan a nosa casa en Pedre do observatorio da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra no cumio do Monte do Cádavo no Concello de Cotobade.







A Asociación Astronómica Sirio leva máis de 10 anos mostrando as marabillas do cosmos a todos os pontevedreses e pontevedresas que así o desexan. Non obstante, non foi até o mes de Maio de 2010 que se desenvolve unha nova etapa na observación astronómica na comarca de Pontevedra, coa apertura no Monte do Cádavo (ou Monte Coirego) do observatorio da Asociación cunha cúpula de 4 m e dotado dun telescopio Meade LX200 ACF de 400 mm de diámetro. 



As actividades da Asociación Sirio son moi variadas e están destinadas a todo tipo de públicos. Todos os primeiros sábados do mes a partir das 22h tedes acceso gratuito ao observatorio con explicacións guiadas de recoñecemento de constelacións e de observación co telescopio de obxectos do ceo: planetas, grupos de estrelas, galaxias... No seguinte enlace encontraredes o catálogo de actividades do observatorio: Actividades

Ademais tamén tedes a posibilidade de acudir ao propio observatorio e gozar de observacións en vivo e en directo. Na espléndida páxina da Asociación podedes botar un ollo ao calendario de efemérides astronómicas que se van producir durante todo o ano. Aquí tedes o enlace: Observacións
Desde A Florinda convidámosvos a que gocedes desta oportunidade única en Galicia e vos aloxedes na nosa Casa (podedes botar un ollo á nosa sección de ofertas). Ofrecémosvos a posibilidade de observar o cosmos desde un lugar privilexiado e con expertos na materia.

A gozar do cosmos! 

Como chegar (A) Pedre; (B) Observatorio:

Ver Observatorio4 en un mapa más grande