CUARTOS / HABITACIONES


Ola,


Presentámosvos os cinco cuartos da Florinda. Todos teñen o nome dalgún dos paxaros que poderes encontrar na nosa comarca e os prezos (todos eles con IVE incluído) varían en función da temporada:

- TEMPORADA BAIXA: 50 ou 55 euros (lavandeira)

- TEMPORADA ALTA: 60 ou 65 euros (lavandeira)

Tamén existe a posibilidade de incorporar unha cama supletoria: o prezo é de 12 e 15 euros.

Aquí as están, esperamos que gostedes delas!


Bubela: este cuarto consta dunha cama para dúas persoas e vistas ao xardín. Dispón dun amplo baño en que poder relaxarvos e gozar do silencio e a tranquilidade da nosa casa. 



Bubela


Pomba: este cuarto está amoblado con móbeis antigos da propia Florinda e consta dunha cama para dúas persoas e vistas ao val do río Lérez. En días claros pódese ver a ría de Pontevedra. Por suposto tamén conta con baño individual.

Pomba


Carriza: esta amplo e acolledor cuarto consta de dúas camas e tamén ten vistas ao val do río Lérez. Dispón de baño individual onde poder relaxarse na súa espléndida bañeira. 

Carriza




Rula: coas súas catro xanelas, este cuarto é un dos que ten mellores vistas. Desde aquí poderes ver as aldeas do Serrapio e de Quireza, ao pé do río; ademais é perfecta para observar as postas de sol. Consta de dúas camas e un fantástio baño, por suposto, tamén con vistas. 

Rula


Lavandeira: o mellor cuarto da Florinda consta dunha cama para dous e ten un fantástico balcón con vistas ao xardín e á Eira Grande de Pedre, é por iso que o seu prezo é 5 euros superior. Desde o balcón tamén poderedes gozar das postas de sol sobre a ría de Pontevedra. Por suposto tamén dispón de baño individual con vistas ao val do río.

Lavandeira